Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
. : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006 . : Así non... : .
- A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si... : .
- O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego Template By CazPowered by: Blogger Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. |
|
16.12.06Outra ocasión perdidaMágoa que os de Tempos non colgaran na rede (e sospeito que a estas alturas xa non o farán) o artigo de Xurxo Fernández sobre a oitava edición do Congreso Internacional de Estudos Galegos celebrado en Baia hai uns meses. Mágoa porque o autor xa no título o adianta todo: "Outra oportunidade perdida". Descoñezo canto lle custa ás administracións (galega, universitaria...) organizar e soster un evento destas características, pero bótase en falta que un encontro así sirva para pouco máis que para o lucimento das vacas sagradas de sempre e o adestramento dos bolseiros e novos investigadores diante dun micrófono e dun auditorio. Hai que ir ao Brasil para ler un relatorio que podería ser lido en calquera salón de graos dunha facultade galega? De eventos destas características deberían saír propostas de novos proxectos e estudos, acordos e convenios de relevancia, vieiros e planificación cara ao futuro... e non estou a falar unicamente para o terreo lingüístico ou literario que son os que priman. O web desta última edición xa non está dispoñible o que fai pensar que nin conclusións debeu haber. En definitiva, algo que conecte unha edición con outra. Mentres isto non se corrixa o que temos é unha especie de turismo de powerpoint, souvenirs na maleta e batalliñas que contar para a cea de fin de curso.
|
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home