Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

17.12.06

A lectoescritura


Teño as miñas dúbidas de que a lectoescritura vaia ser a panacea do galego no ensino. Suporá un avance, non o dubido, mais xa hoxe é posible ver cativos aprendendo a ler e escribir que asocian o galego cos contos e as fichas escolares, pero son incapaces de falar galego porque na casa non llo falan nin é a lingua dos recreos e as merendas.
Non nos esquezamos da competencia comunicativa por favor.