|
Galegolandia |
|
|
. : Eu son... : .
![]() Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
Fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
. : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006
. : Así non...
- A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si...
- O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego
Template By CazPowered by: Blogger
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. |
|
26.12.06Galego sen etiquetas, por favor![]() Todo son parabéns á posta en marcha do xornal gratuíto De luns a venres que imos abreviar en LV a secas. Vén sendo o agasallo de nadal que os galegofalantes do país agardamos poder desenvurullar todas as mañás. Boa calidade de lingua, deseño limpo, abundantes noticias... nada ten que envexarlle aos compañeiros de ruta. Entre esas felicitacións chámame a atención o d'A Mesa: emprega o verbo parabenizar (aí é nada...), pero a miña ollada vai para o seguinte parágrafo que copio e pego Coa finalidade de amosar publicamente os seus parabéns, contribuír no posíbel ao seu coñecemento e difusión e aproveitar para reivindicar unha maior presenza do galego nos medios de comunicación en Galiza, A Mesa desenvolverá unha campaña social de benvinda a LV polas sete principais cidades do país a partir deste próximo mes de xaneiro. E este moucho pregúntase, hai necesidade de facer tal cousa? Descoñezo en que termos se vai producir esa campaña social e se esta conta co acordo da empresa editora, mais se LV é como parece un proxecto froito da iniciativa privada que aspira a vivir da publicidade debería ser o aparello empresarial que o sustenta o que leve a cabo as accións publicitarias e de difusión que estime oportunas. E digo isto non porque me preocupe que A Mesa gaste o seu tempo e esforzos nisto e non noutras tarefas, senón polas etiquetas que se lle poidan colgar ao xornal resultado da intervención de Callón e compañía. Se algo fai falta nisto do galego son proxectos espontáneos que non nazan ligados aos cartos públicos en forma de subvención nin sexan o altofalante ou aparello de ideas políticas... e a estas alturas, non os enganemos, todos sabemos quen ocupa o número 15 da rúa do Vilar compostelá polo que calquera inxerencia podería provocar que se colgasen etiquetas sospeito que nin buscadas nin necesarias.
|