Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

4.9.08

Googlegalegando


Google vén de quitar navegador, Chrome chámanlle, e hai quen xa non o ve tan amigo. Os tentánculos desta lura hai tempo que xa son ben grandiños...

O novo fedello haino en varias linguas, ao redor dunhas 45 (contando linguas e variantes que xa se sabe que nestas cousas os informáticos estíranse o seu e permiten distinguir español de Valladolid, de América de Arriba e de América de Abaixo; portugués de Sao Paulo, portugués de Estoril;...). Entre elas non está o galego; nin o galego estándar, nin o galego de Ribeira, nin o da Fonsagrada. Évos o que hai... O estado das traducións é o que reflicte a imaxe de arriba. A ciberaldea galega tan loable noutras cousas, dálle a este moucho que nesta epígrafe das traducións ten unha lagoa moi grande.