Os quehaides

- Que hai da SGAT?
Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
![]() Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
||
6.3.08Os quehaides![]() Os quehaides son unha variante dos quefoides; non son cousas pasadas, senón presentes ou futuras. Cousas, ideas, iniciativas, propostas que parecen estar no limbo, ben porque non se materializaron, ben porque unha vez materializadas a súa concreción é máis ben cativeira e pouco ilusionante. Por isto, quizais son un chisco máis serias. - Que hai da SGAT? - Que hai do Día das Letras non festivo? e xa de paso, hai algo en llo dedicar a Carballo Calero? - Que hai do rexuvenecemento da programación da TVG contemplada no PXNL? - Que hai do deber de coñecer o galego á ferrolana? como non saber galego e safarse das multas - Que hai da oferta positiva na Administración? - Que hai da segunda canle da TVG? non hai sitio nos mandos dos televisores para ela? - Que hai dos consorcios prometidos pola SXPL? - Que hai de poñer unha base de datos terminolóxica en liña? - Que hai da inspección educativa? vaise reforzar para velar polo cumprimento do Decreto? - Que hai do Instituto Rosalía de Castro? volverá haber tortas para ocupar o seu cadro de mando como xa aconteceu con outros centros - Que hai das gramáticas que había de publicar a RAG? atascouse o prelo indefinidamente?
|
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home