Querida Gloria:

Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
![]() Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
||
13.6.08Querida Gloria:![]() Permíteme estas liñas polo que a seguir che conto: onte tiven a tarde ociosa e deume tempo a ir a dous centros comerciais e unha libraría e sorpresa a miña que xa están á venda os libros de texto para as vacacións. Ata tres grandes expositores, cheíños de libros de todas as materias cheguei a ver (talmente ocupaban tanto espazo coma os iogures). Os meus mouchiños saíron espabilados, iso de teren tres linguas no sistema educativo non lles causa maior problema, pero mira quen sabe, o verán é moi longo, as tardes dan para moito, non todo vai ser parque, praia ou consola, seguro que nalgunha que outra chove e nunca está de máis repasar e non esquecer o aprendido. O caso é que non atopei libros en galego... Pois nada, iso era o que che quería transmitir, confío que antes de collerdes as vacacións, saiades desde GB con algunha rolda de prensa desas que acostumades reclamando e denunciando esta grave anomalía. Á fin e ao cabo o curso non son só os nove meses de clases e hai que estar en todo. Quedo, daquela, atento á Voz ou ao Faro, estes días ademais mércoos sempre por aquilo do Audi e do Citroën, e mais a Localia que tamén sempre atopades as súas portas abertas e na miña póla xa fedellaron na antena o que cumpría e agora vai coma un tiro. En ti confío amiga.
|
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home