Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

11.6.08

Milleiras

Es ministra (aínda en prácticas e co L colgando certamente), dis "miembros y miembras" e hai que ver a que se monta...
Que política galega foi a que dixo aquilo de "milleiros e milleiras"? xa non me acorda porque trascendencia non tivera ningunha e só un filólogo moi ávido e esperto nese momento pode reparar en tal cousa.
Ata nas zoupadas á gramática demóstrase que somos lingua B... Por ter mesmo temos a Touripedia.