Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

28.5.08

En que quedamos?



Ah que agora xa non corre perigo, que seica goza de moi boa saúde... seica esta xentiña recuperou o siso, a vergonza e a decencia dun golpe?. A mesma que posou para El Mundo hai ben pouco, agora parece recuar. Non, non nos deixemos enganar, no fondo o que fai é quitar a careta aínda máis, por eles o galego cocido e con patacas. Que é iso do plurilingüismo? parecen preguntarse, pisarlo!! pisarlo!!! los de colorao son los nuestros... que diría Bilardo.