Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

8.5.08

E ti como te chamas?


Agora que volven soar cambios de lle meter man á chamada Carta magna por aquilo de empoleirar ao trono a Leonor, de dar fe de que estamos en Europa, de facer do Senado unha verdadeira feira de mostras e traxes rexionais e de pór por escrito o nome de cada unha das 17, a nós os galegos cando nos pregunten que imos dicir? Como se chama isto? Como imos saír do paso? Imos encargar un asterisco? ou se cadra unha barra ou guión ao xeito Galicia-Galiza ou Galicia/Galiza?

1 Comments:

Enviar um comentário

<< Home