Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

17.10.07

Respecto (3)


E que me dicides de Sagrario Pérez Saldaña?? tiña a noite faltona ehh!! lembroume a esas vellas moi postas elas que os domingos sempre chegaban tarde a misa para que as viran co traxe e peiteado novo, e como non tiñan sitio comezaban a furar polos bancos, facéndose notar até que este moucho, por indicacións de mamá moucha, se erguía e lles deixaba o sitio. Puff, había tempo que non vía unha señora así, ben en verdade hai tempo que non vou a misa...
E Carod que?? nin que lera Galegolandia?? desde onte xa me cae menos mal.
Definitivamente fan falta máis tipos coma el e co seu mesmo discurso e en Galicia sobran señoras coma a do programa (e non o digo pola anécdota da misa).