Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

7.10.07

Ensinemos dentes


Derogar a LNL do 1983!!!! agora saen con esas, xa non lles chega co decreto deste ano... xa postos deroguemos o Estatuto e suspendamos a Autonomía!!! Pero, onde estivo esta xentalla estes vinte e tantos anos? Cada vez téñoo máis claro: agochados, trabando a lingua porque quen gobernaba era o mesmo que o que lles levaba o voto e estaba mal desentoar. Para eles, galego é a denominación de orixe do viño e do queixo, entre outros, e Galicia ese recanto noroeste polo que comezan todas as guías de estradas.
O recurso da Pantoja nin vos conto... En todo caso que sigan nesta liña, que se ridiculicen eles mesmos. Nós, ensinemos dentes que seguro que lles fode.