Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
. : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006 . : Así non... : .
- A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si... : .
- O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego Template By CazPowered by: Blogger Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. |
|
6.9.07Vexo Vigo...O moucho aterra na cidade máis poboada de Galicia e quere o azar que hoxe aquí se celebren os axóuxeres. Ducias de rapaces olívicos danzan en galego e reclaman como súa a lingua do país. Só por uns minutos que a saber cando terán continuidade. A idea chama a atención polos protagonistas, a realización é correcta e o resultado nin moito menos defrauda. Mágoa que isto das linguas non sexa coma os deterxentes ou as series de televisión; feita a campaña axiña teriamos un índice de vendas ou unha cota de pantalla. O quede do E logo!, a súa plusvalía, custará sabelo. Outra ollada vai: contanme que en Vigo a prensa gratuíta arrasa; tanto como para que o decano tivera que baleirar un concesionario de coches alemáns hai ben pouco para amainar o temporal. Bótolles un ollo e non hai desperdicio: no ADN falan da Fiesta del sonajero e o 20minutos xoga co par porro-puerro para dar conta da tradución dos menús nos bares (a noticia é do máis comentada, por certo). Sonvos paveros estes vigueses!
|
2 Comments:
Os nenos aborrecían. Os grupos que escolleu a SXPL a min gústanme moito, porén non son os axeitados para unha actividade infantil.
By Anónimo, at 4:27 da tarde
Si, non che falta razón, sobrou algo de música e faltou algo máis de monicreques, ilusionismo... e por faltar, faltou moita xente.
By omouchoasexante, at 7:26 da tarde
Enviar um comentário
<< Home