Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

19.7.07

Galicia bilingüe



Outra vaca no millo... Agora chámanse Galicia bilingüe. Onde estaba esta xente cando gobernaba o PP? Estaban calados, non tiñan a quen dirixir os seus dardos e seguramente tiñan ardores ao non poder cuspir o seu desprezo cara á lingua. Agora si, xa teñen diana e por iso protestan. Alguén ten dúbidas de por que o PP se baixou do tren do Decreto a última hora?
Se por esta xentiña fose o galego sería folclore, chascarraschás e un día ao ano aló por maio.
Se son ben pensado, quizais co tempo caerán da burra e verán que o texto non dá para tanto, mais moito me temo que os imos escoitar moito nos próximos meses... A batalla lingüística está servida, a demagoxía preparada e os ollos pechos cara á realidade da lingua nos cativos...

1 Comments:

  • Boas!
    Mola o teu blog, nunca entrara.

    Sobre este tema, recoméndoche a canción do bilingüismo harmónico de Leo i Arremecághona, sae en http://apologhit.vieiros.com

    Un saúdo

    By Blogger albagal, at 6:07 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home