Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

4.8.07

TVE



Que TVE vai desterritorializar as súas emisións en catalán, éuscaro e galego, pois xa non falta quen patexe e mesmo editorialice sobre o caso... Que parvadas son esas!!!! vén dicir hoxeo Pedrojota no seu xornal. Que lle vai importar a un de Valladolid escoitar catalán ou galego... De promocionar, promocionar o inglés, como ten que ser.
Supoño que tamén lle parecerá mal un DVD plurilingüe ou que os blogs se espallen e non teñan cancelas idiomáticas. E é que isto dos avances da técnica sexan aproveitados para estas cousas non debería estar permitido.
En fin, así entenden o plurilingüismo... Ignorantes.