Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

9.10.07

No DOG, para que??




Non entendo a teima do BNG por publicar as Normas no DOG. As Normas están ou estiveron dispoñibles en varios sitios da rede (SXPL, AS-PG...), houbo versións resumindo os cambios e mesmo antes da súa publicación por parte do único ente que as debería publicar, ou sexa a RAG, xa foran adiantadas por todo un experto en facelo nunha manobra editorial inédita que non sentara moi ben na rúa Tabernas. Que necesidade de seguir insistindo, catro anos depois, no seu paso polo DOG?? Queremos, acaso, reabrir o conflito? É que hai alguén aínda insatisfeito??



Centrémonos no que nos temos que centrar: o mellor xeito de difundir as Normas e facendo que as rúas se enchan de librarías e ferraxarías, os xulgados de sentenzas e as empresas de servizos de todo tipo. Esa é a presenza que este moucho quere para o seu idioma. Non a do DOG.