Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

12.10.07

Efecto Gadis?


Como na familia moucha non hai Pilar ningunha, pois hoxe non hai nada que celebrar e aquí vos estamos. E di este moucho: poderíase falar de tal efecto Gadis?? desde logo o anuncio non pasou desapercibido, o cal é sinónimo de que non todo o que se escoita del teña que ser necesariamente bo. O anuncio sorprende, chama a atención e cando se sabe a empresa que está detrás aínda maís: "pensei que era o anuncio do Bloque" chegou a escoitar este moucho. O caso é que estes días se poñedes a radio podedes escoitar tamén un anuncio da rede galega de concesionarios da Opel en galego, con fonética galega, utilizando o termo Galiza e apelando a non sei que característica dos galegos de falarmos moi rápido.
Como era aquela frase? algo se move en Galicia que rompe tópicos? Algo se move na publicidade en Galicia??

Ollada d'omouchoasexante :: 11:28 :: 0 olladas máis

Deixa unha ollada

---------------oOo---------------