Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

26.2.06

Recuar (II)


Máis sobre a gran recuada. Leo nun foro dunha academia destas que preparan as oposicións o seguinte: "El tema relacionado con la obligatoriedad del gallego en los exámenes de la Xunta queda fuera de los temas objeto de debate de este foro. Por lo que procederemos a eliminar dichos mensajes. Un saludo."
A mensaxe é do administrador-moderador do foro ao que lle debían saír polas orellas as mensaxes a prol e en contra da medida; ou sexa que o tema interesar o que se di interesar, interesa... (hai debate! que dirían agora na TVG)
Por certo, iso é un moderador ou un antidisturbios??