Recuar
Primeiro: a convocatoria prevé unicamente a existencia de versións en galego dos exames; segundo: a prensa de sempre cacarexa a varias columnas a polémica e as queixas dos que se acordan dos pobres colegas de alén-Padornelo que non se poderán presentar; terceiro: a Xunta defende a legalidade da medida e invoca o Plan Xeral de Normalización!!!!; cuarto: a mesma Xunta semanas despois inaugura no DOG o libro das instrucións e protagoniza a gran recuada; quinto: a Mesa pretende a golpe de escritos e sinaturas provocar unha segunda; sexto: seguro que nada cambia, o si pero non e o non pero si xa visto tantas veces.
Xa se sabe: para atrás nunca nin para coller impulso!!!!!!
Quen dixo que coma os cataláns nós non publicamos a nosa terminoloxía no DOG??? mentira, publicámola e mesmo poñemos exemplos prácticos...
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home