Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
. : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006 . : Así non...
- A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si...
- O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego Powered by: Blogger Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. |
|
18.3.09AtRAGoadosSe o volume non se distribuíu até despois das eleccións mal asunto, pero se está nas librarías desde xaneiro peor aínda. Que fixo a Academia en ambos os supostos? Nada. Ninguén sabía dese volume, na mesma liña que xa pasara co anterior, por non falar das semellanzas no deseño e no título respecto do do ano 92 que o único que fai é engadirlle máis confusión ao asunto (vexáse a noticia inicial de Vieiros e mais o PDF que sinalan). Por que non está na rede e si está o discurso de ingreso de Ledo Andión (datado o 6 de febreiro)? Claro que isto último si se entende á vista de que o volume que o precede estivo colgado inicialmente, mais acabaron por retiralo. Que alguén da RAG saia a dar a cara e que se deixen de notas, que bastante nota xa dan moitos dos seus numerarios. 16.3.0912.3.09Cavilemos![]() Quintana dixit: "E necesario ao mesmo tempo encauzar con cautela un novo posicionamento público do BNG ante o proxecto de normalización lingüística sen abdicar un ápice dos nosos principios e obxectivos pero aceptando con normalidade política o feito real dunha sociedade bilingüe e dun corpo electora do BNG tamén bilingüe." José Luís Gómez dixit: ¿También es bilingüe el BNG? "El BNG, si se ve muy exigido, como diría Arsenio, terminará por tirar del castellano en algún momento del futuro." Teñen miga ehh!! Se este moucho fose profesor universitario, encargaríalles aos alumnos un traballiño.
9.3.09Novas xeracións![]() Sete días son moitos días para ficar calado, non son tan bos como para calar este moucho. Se até agora asexamos, con máis motivo desde xa haberá que se pór a fiscalizar. De momento mirade o que un se atopa buscando "novas xeracións" no Google. A que soa a pitorreo...
2.3.09
|