Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
. : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006 . : Así non... : .
- A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si... : .
- O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego Template By CazPowered by: Blogger Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. |
|
17.11.09Plash, plash!!!Toma labazada en forma de sentenza!!! Agora que podemos pedir para seguir mareando?? Ummm, que a materia de lingua galega a poñan despois de Plástica e antes que Educación Física os venres pola tarde?
5.11.09Cachar nas patacasAi amigo iso pasa por tirar de hemeroteca e de aí esa cara de asustado. Verba volant, scripta manent que diría un clásico. Claro que agora con isto das tecnoloxías tal dito xa non é o que era. Visitemos os vídeos do foro Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade. Lugar? Consello da Cultura. Data? xuño do ano pasado. Título: A sociolingüística en Galicia Relator? Anxo Lorenzo. Retrucantes? Kabatek e Rei-Doval. Nun vídeo de máis de hora e media, contra o final, á pregunta de Fernando Ramallo acerca de por onde pasa o presente da lingua galega, o actual secretario xeral respondeu: - dinamización lingüística a tope ou a fondo, nas cidades e nas non-cidades -pacto ou consenso político e social para sacar o tema lingüístico do debate partidario. Pero o máis interesante aínda está máis contra o final. Á pregunta dun catalán, cuxo nome non apreciei (Boix penso), sobre "Cual sería un ejemplo de política priorizable ahora mismo en la recuparación del gallego?" Anxo Lorenzo responde: Non me deixas escapatoria, é dicir, que teño que contestala non? Vamos a ver, eu creo que o ensino é... temos un decreto, que é o 50%, novo. Eu creo que esa debería ser unha prioridade. Agora... que se aplique, si, si, de feito xa está aprobado, non habería que crear nova norma. Habería simplemente que aplicalo. Que se aplique, con rigor e con seriedade, e simplemente iso. [...] Eu creo que non ten sentido pensar en moitas normas, normas de diferente tipo... máis xerais ou específicas, cantas menos normas mellor. Evidentemente, postos a elixir unha que, ademais xa está en vigor e que cremos que terá un efecto importante a medio prazo, agora xa non, sería a cuestión do ensino non-universitario. Demo de novas tecnoloxías!!!
|