Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
. : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006 . : Así non... : .
- A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si... : .
- O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego Template By CazPowered by: Blogger Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. |
|
29.3.10Camiños baleirosO Xacobeo non arrinca, non hai peregrinos coma antes e non se descarta que a culpa a teña a lingua galega. Catro anos de imposición da lingua polo bipartito e esta tamén chegou aos camiños que conducen a Santiago. Os peregrinos son conscientes e prefiren quedar nas súas casas. Xa non hai quen indique onde queda o próximo albergue que non sexa en galego, xa non hai quen recomende onde coller uns bocadillos ou encher as botellas de auga. A lingua brilla e a romaxe esmorece lentamente!
20.3.10In english, please
Satisfeitos co novo decreto, agora imos a polas páxinas web: o valedor axuda e Faro de Vigo comeza a tirar pedriñas. Non sabía eu que tamén para internet se podía falar de inmersión...
19.3.10Sorte para os carpinteirosLeo no Xornal que a Xunta se sumará á vaga de medidas para fortalecer a autoridade na aula do profesorado. Visto o seu empeño e querenza e darlles liberdades aos alumnos para falar o que lles veña en gana (seica se van articular orientacións pedagóxicas...), pois moito me temo que a autoridade vai pasar por unhas bonitas tarimas. Sorte que van ter os carpinteiros!!!
16.3.10Foro aberto, texto pechado
Entrevista breve e case entre amigos: "O galego nin retrocede nin avanza, sitúase nun equilibrio co castelán" Anxo Lorenzo dixit en Foro aberto. Non foi un mal proceso; o texto está xa moi maduro; volvamos aos oitenta; prefiro ser secretario xeral de Política Lingüística a ministro de Interior porque disto si sei, pouco pero si sei. Si home si, TU SI QUE VALES!!
No debate posterior unha vez máis Blanco Valdés o máis histriónico e berrón, con potestade para interromper a calquera e créndose posuidor da verdade absoluta. Chapeau por Barreiro Rivas!!! Ben por Costas e Ramallo!! 14.3.10Dito queda
Na fin de semana da consumación da aldraxe lingüística... escoitemos os cativos. Eles non menten.
Convers-ando Vigo from Convers-ando on Vimeo. 8.3.10
|