Érache o que faltaba...

Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
![]() Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
||
30.8.07Érache o que faltaba...![]() Din os de Galicia Bilingüe que no fondo todos pedimos o mesmo, que eles veñen sendo como A Mesa, pero claro, coitados estes, que fan unha lectura errónea da lexislación e dos dereitos lingüísticos. Daquela, onde se mete esta xentiña cando A Mesa reclama que Telefónica ou calquera outra empresa ofreza servizos en galego? Ulos? Onde están cando se solicita que se traduza unha película infantil ao galego? Non se lles enche tanto a boca coa palabra bilingüe? Non somos todos iguais en dereitos? Veña ho, que vaian vender xeados ao Polo Norte!!! Que defendan o que queiran, pero sen faltar.
17.8.076.8.075.8.074.8.07TVE![]() Que TVE vai desterritorializar as súas emisións en catalán, éuscaro e galego, pois xa non falta quen patexe e mesmo editorialice sobre o caso... Que parvadas son esas!!!! vén dicir hoxeo Pedrojota no seu xornal. Que lle vai importar a un de Valladolid escoitar catalán ou galego... De promocionar, promocionar o inglés, como ten que ser. Supoño que tamén lle parecerá mal un DVD plurilingüe ou que os blogs se espallen e non teñan cancelas idiomáticas. E é que isto dos avances da técnica sexan aproveitados para estas cousas non debería estar permitido. En fin, así entenden o plurilingüismo... Ignorantes.
|