7%

Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
![]() Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
||
31.3.087%![]() Nese 7% que quedou sen executar xa todos sabemos o que vai incluído... e trazas non hai de propósito de emenda.
25.3.08Onde señor Valedor, onde?![]() E onde abonda o galego señor Valedor? Onde? Se cadra no ILG o índice de falantes está sobredimensionado, non? Se cadra nas aldeas que están a quedar despoboadas, non si? Pero de onde quitou o tío Emilio a este tío por deus!!!!!
15.3.08Os zetas![]() Estes socialistas sonvos listos coma allos dándolle ao "zeta": antes da campaña deulles por poñer na rúa carteliños coma o da imaxe e xa tivemos "GaliZia". Quedáronse tan panchos e ninguén lles dixo ren (cando menos nada parecido á que se montou cando en castelán fixeron rematar as palabras en "-z"). Por que non empregaron Galiza e todos contentos? (que pregunta máis ilusa non credes?) Iso si, agora un entra no seu web e ben que aproveitan para dar as "grazas" cun "Z" voador moi ben disposto en flash.
7.3.08Camacho e RajoyLeo n'A Nosa Terra que Rajoy falou galego ao saír do debate... a verdade é que é un titular ben ambicioso para o pouquiño que fixo. Escoitalo lembroume a Camacho a falar portugués... En que se parecen Camacho e Rajoy? pois xa non só en que ambos son do Madrid. 6.3.08Os quehaides![]() Os quehaides son unha variante dos quefoides; non son cousas pasadas, senón presentes ou futuras. Cousas, ideas, iniciativas, propostas que parecen estar no limbo, ben porque non se materializaron, ben porque unha vez materializadas a súa concreción é máis ben cativeira e pouco ilusionante. Por isto, quizais son un chisco máis serias. - Que hai da SGAT? - Que hai do Día das Letras non festivo? e xa de paso, hai algo en llo dedicar a Carballo Calero? - Que hai do rexuvenecemento da programación da TVG contemplada no PXNL? - Que hai do deber de coñecer o galego á ferrolana? como non saber galego e safarse das multas - Que hai da oferta positiva na Administración? - Que hai da segunda canle da TVG? non hai sitio nos mandos dos televisores para ela? - Que hai dos consorcios prometidos pola SXPL? - Que hai de poñer unha base de datos terminolóxica en liña? - Que hai da inspección educativa? vaise reforzar para velar polo cumprimento do Decreto? - Que hai do Instituto Rosalía de Castro? volverá haber tortas para ocupar o seu cadro de mando como xa aconteceu con outros centros - Que hai das gramáticas que había de publicar a RAG? atascouse o prelo indefinidamente?
|