Silencio

Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
![]() Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
||
22.4.09Silencio![]() O moucho está calado porque xa nada parece escandalizalo... Nin o panfleto infame da FAES (que me nego a ligar), nin o silencio covarde das entidades mencionadas (que tampouco ligo porque xa todas sabemos cales son), nin a hipocrisía do presidente e do goberno entrante nas súas declaracións (e en Bonaval non se podería establecer o dereito de admisión?), nin as versións do himno galego tentando silenciar o que a clase política non sabe entoar, nin as concentracións ás portas do Parlamento (que ganiñas había de volver pisar asfalto!!), nin que Política Lingüística vaia depender de quen vai derogar o decreto do ensino, nin as apertas de Feijoo a unha eléctrica*, nin que sigamos sen consellARÍAS... Vou mudar o nome polo de mouchotristón... E cando mañá ou para a semana saiba o/a substituto/a de Marisol xa nin vos conto. *Se cadra algún día sabemos con que intención La Voz deixou caer a foto o pasado domingo. Por de pronto, ao ser en terra firme e non nun iate non parece ser problemática. O caso é que no web non se atopa (a que poño é grazas a Imeneo e vese que é escaneada). Aínda menos mal que ANT a leva á portada esta semana.
7.4.09
|