Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

22.4.09

Silencio


O moucho está calado porque xa nada parece escandalizalo... Nin o panfleto infame da FAES (que me nego a ligar), nin o silencio covarde das entidades mencionadas (que tampouco ligo porque xa todas sabemos cales son), nin a hipocrisía do presidente e do goberno entrante nas súas declaracións (e en Bonaval non se podería establecer o dereito de admisión?), nin as versións do himno galego tentando silenciar o que a clase política non sabe entoar, nin as concentracións ás portas do Parlamento (que ganiñas había de volver pisar asfalto!!), nin que Política Lingüística vaia depender de quen vai derogar o decreto do ensino, nin as apertas de Feijoo a unha eléctrica*, nin que sigamos sen consellARÍAS...
Vou mudar o nome polo de mouchotristón... E cando mañá ou para a semana saiba o/a substituto/a de Marisol xa nin vos conto.

*Se cadra algún día sabemos con que intención La Voz deixou caer a foto o pasado domingo. Por de pronto, ao ser en terra firme e non nun iate non parece ser problemática. O caso é que no web non se atopa (a que poño é grazas a Imeneo e vese que é escaneada). Aínda menos mal que ANT a leva á portada esta semana.