Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

15.2.09

Feijoo, en castelán


Mal informa hoxe El Correo cando di que aquí a campaña é monolingüe, a diferenza de Euskadi. Que vaian, por exemplo, á páxina 7 de La Voz de hoxe, a ver en que lingua se anuncia Albertiño. Mesmo o que nunca fixera Fraga, faino el sen rubor ningún.