Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

2.2.09

Ai Rosiña

A razón deste amago de desmaio? Pois moi simple. Se ledes El Progreso seica Rosa Díez deu (ou levou) unha lombeirada en Lugo.
Lombeirada: 'Golpe que se leva no lombo ao caer de costas' e 'Golpe que se recibe no lombo'. Fonte: Digalego.
En castelán "espaldarazo" que vos é outra cousa ben distinta.

Heicho de dar queridiña,
ai Rosiña, heicho de dar que o teño
papas de millo miúdo,
ai Rosiña, feitas no pote pequeno.