Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

4.11.08

Dous por dous

Agora que tamén a Amancio parece preocuparlle o do galego nas matemáticas, o moucho propón dous exercicios de cálculo ben sinxelos.
A ver Amancio e outros que compartan a mesma preocupación. Collan lápis e papel e fagan as seguintes operacións en castelán:
2334
+345
-------
3456
x45
--------
Agora, fagan o mesmo pero en galego. Dan o mesmo resultado, non si?
Pois ala, tranquilos todos daquela. Se nalgún momento ven que as contas non comezan a coincidir daquela si que nos preocuparemos.