Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

23.9.08

De acentos vai a cousa



Sospeitoso que en ningunha das noticias que dan conta da nova non aparezan datos sobre o acento galego e o que opinamos/opinan sobre el. Nin o GH, que tamén a recolle, achega nada novo. Algúen lle contou ao moucho en certa ocasión que das enquisas non se adoitan dar todos os datos... O caso é que seica o 78% dos enquisados están contentos co seu acento propio; gustaría de saber de cal é a porcentaxe en Galicia. Son da idea de que xentiña como Beatriz Carvajal et alii nos seus mellores tempos fixeron moito dano.



O caso é que unha empresa (SpinVox) especializada na conversión de voz a texto fixo unha enquisa por España adiante para ver o grao de satisfacción da xente co seu acento. Que o madrileño é o favorito seica, mais que non vemos con malos ollos os acentos americanos (como nos gusta sempre o exótico!!).



Para que queira subir un chanzo e pasar de enquisas a estudos máis serios que lea o volume O galego segundo a mocidade. Apostaría a que nesas enquisas hai moito do que reflicte este estudo.

1 Comments:

  • Pois xa temos resultados, este moucho pensou de máis e pensou mal: os galegos estamos moi orgullosos do noso acento, eu con todo matizaría; estar orgulloso non ten por que ser sinónimo de que non se tente disimular...
    http://www.20minutos.es/noticia/416163/estudio/acento/galicia/
    e se queremos saber o que opinan os demais, velaquí outra ligazonciña
    http://es.answers.yahoo.com/question/index?qid=20080925003618AADktpW

    By Blogger omouchoasexante, at 10:01 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home