Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
. : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006 . : Así non... : .
- A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si... : .
- O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego Template By CazPowered by: Blogger Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. |
|
20.9.08Falamos galegoEste moucho xuraría que cando colgas algo en internet que aínda non é definitivo hai xeitos de ocultalo para que os buscadores non o reflictan nas buscas. Pois ben de tal cousa non deben saber en Política Lingüística ou na empresa de publicidade responsable do que parece ser ou ben unha inminente nova campaña de publicidade, ou ben unha campaña que houbo ser mais que ao final non foi e quedou no limbo da rede (fálase do "Ano María Mariño"). A páxina en si está no seu esqueleto, inclúe as notas do contido que falta por poñer e non presenta moitas novidades: publicacións da SXPL, datos sociolingüísticos do Observatorio, a normativa (non está claro se a legal se a ortográfica), fotografías de estudio ben escollidas... Por ter, tamén erros e algún parágrafo en castelán sen traducir aínda. Todo xa coñecido baixo un novo envoltorio. Iso si, polo lema ("Falamos galego") parece claro que está máis destinada para reafirmar os xa galegofalantes que para gañar clientes novos. Comeza a sobrar tanta publicidade na SXPL paréceme a min.
|
1 Comments:
moi orixinal non lle era, sr. axexante, non sei se se lembrará destoutra campaña (isto é todo o que encontro ao respecto agora no google): http://hilamadejasincuenda.blogspot.com/2006/07/somos-diferentes-somos-iguales.html
By estruturas disipativas, at 10:51 da tarde
Enviar um comentário
<< Home