Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

15.9.08

sMs.gal


Que non todo vai ser queixarse díxome o galeno cando viu nas análises o ácido úrico disparado. Que se sigo así non vou chegar a ver os meus netos. Así pois, imos loar algo: loemos o dos móbiles en galego. Alegrémonos de que cada vez sexan máis e mellores. Esta fin de semana caeu nas miñas mans un Nokia 6500 que dá gusto mirar para el. E o dicionario preditivo T9? moi bo. Si señor.

Ala, aí queda a loanza. Xa parece que me noto mellor e todo.