Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
. : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006 . : Así non... : .
- A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si... : .
- O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego Template By CazPowered by: Blogger Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. |
|
11.9.08Notas de lectura rápidaComo máis de 300 páxinas non se len ás carreiras, ideas soltas que atrapa este moucho do último estudo do CCG: o grao de satisfacción e motivación diminúe cos anos entre o profesorado (madia leva!!), as aulas de galego son en moitos casos pequenas illas nun contexto castelán, a valoración da materia vai á baixa, a renovación psicopedagóxica seica é "imprescindible" (así se pecha o libro cando menos) e a competencia comunicativa segue a ser o coma o oso do Courel da didáctica do galego. Sabése que existe, que é moi larpeiro, mais apenas se deixa ver, apenas se deixa fotografar e achegarse a el xa nin digamos. Por certo, o número de profes de lingua galega castelanfalantes vai en aumento e preparémonos para tempos peores. Un optimista diría que é síntoma de normalidade, un realista-pesimista diría que é síntoma de decadencia.
|
1 Comments:
Si que haberá que botarlle unha ollada con calma, mellor se cae nas mans un exemplar de verdade e non o pdf. Eses cuestións que apuntas, a modo de resumo, non van desencamiñadas, nin seuqrea no feito de que hai unha porcentaxe de profesores de lingua que empregan o castelán. Neste caso eu sería realista-pesimista mais tamén llo achacaría, sen querer estendelo a todo o colectivo, ás promocións dos planos vellos que viron na especialidade de galego-portugués unicamente unha saída laboral sen maior implicación na problemática do idioma... ademais dos profesores procedentes doutras especialidades. O dito, tampouco quero xeralizar.
saúdos
By Anónimo, at 5:51 da tarde
Enviar um comentário
<< Home