Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

22.9.08

De(s)grazas


Vaia oportunidade perderon hoxe os mañicos de quedaren ben e non gastaren nada se introducisen na prensa en galego un anuncio en galego. Optimizarían ese Z acuoso enorme e non incorrerían en extravagancia ortográfica ningunha (que pregunten nas Xuventudes Socia-listas e xa verán que ben lle dan a isto do zeta-zeta).

Falando do grazas, esta foi hai anos a forma modificada que máis proído e suspicacias levantou. Este moucho escoitoullas dicir en público a certo académico hoxe moi televisivo el. Facíanse mesmo hipóteses chusqueiras sobre cal ía ser o diminutivo a partir de agora (grazaciñas dicíase...). Porén, a este moucho é unha forma que lle gusta, que lle caeu en graza (valla a redundancia). Usándoa non só dás mostras de boa educación, senón tamén é un xeito de lle dicir á outra parte: falo/faleiche/falareiche galego.

Abrir, abríchesme a porta, deixar, deixáchesme pasar diante túa, traer, trouxéchesme o café... pero lembra que eu falo/faleiche/falareiche galego. Paréceme un pequeno xesto dese valor de diferenciación, de identidade do que non deixa de falar o bo de Freixanes.