Instrucións

Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
. : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006 . : Así non...
- A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si...
- O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego Powered by: Blogger Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. |
|
30.11.07Instrucións![]() Para aqueles que teñades plan previsto para esta finde por terras do Deza, non deixedes de ver a presentación coas instrucións correspondentes. Xa non haberá daquela unha speaker con galego macarrónico, senón que agora haberá voz enlatada con fonética televisiva. Algo é algo. E olliño a como se distribúen os exames e en que lingua, que esa é outra...
26.11.0722.11.07La VentanaEn Galiza nin temos etarras (por sorte) nin mozos que queimen retratos do Borbón (que se saiban) e a dignidade lingüística do país quedaba exposta diante dos tribunais polos Oubiñas e demais cando astutamente lle dicían ao xuíz ter problemas co castelán... (cos colombianos que trataban eses problemas desaparecían misteriosamente...). Hoxe na fiestra da Genma Nierga interesante faladoiro sobre o tema suscitado por un oínte; interesantes as declaracións ao respecto de Carnicero e Subirats... a terceira en discordia, esa mesma que marchou da SER para acabar volvendo (María de la Merced), por contra non ve con bos ollos que na Audiencia Nacional se poida falar en galego, catalán ou éuscaro. A que recorre para pensar así? a que pode ser moi custoso. Sen lle dar máis voltas ao asunto: e se é moi custoso, que?? non se gastan os cartos noutras cousas e ninguén o cuestiona? Insisto gustoulle a este moucho o dito por Carnicero e Subirats, discurso moi claro e moi necesario. Que o multilingüismo non sexa só fachada, apariencia e cara á galería. 13.11.07Volta atrás![]() Anos reclamando que a política lingüística neste país non fose exclusiva das lindes de Educación e agora que xa o temos resulta que se reclama crear unha subdirección xeral no ensino. Ou sexa unha especie de marcha atrás, co embrague a medio premer, sen forzar moito o motor e sen armar moito barullo. O que está claro é que a engranaxe da PL non está fina: o anterior modelo era insuficiente e fracasou; o actual non está plenamente potenciado, é igual de insuficiente e nin convence nin satisfai. 3.11.07Non me convencen...![]() Que o paciente mellora, estabiliza as súas constantes vitais, xa admite alimento sólido, permítense as visitas, mesmo ten momentos de lucidez e ganas de troula... A min este parte médico non me convence, nin pola mensaxe, nin polo emisor, nin polo medio, nin polo momento, nin por nada. Volvinme ateo dos estudos sociolingüísticos.
|