Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
. : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006 . : Así non... : .
- A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si... : .
- O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego Template By CazPowered by: Blogger Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. |
|
1.12.09Apuntamentos á marxeEntrevista comentada:
Non hai debate social sobre a lingua; na rúa non se fala disto e a xente segue máis preocupada doutras cousas. Pois pode ser certo, este domingo nos bares ás sete da tarde non se falaba do decreto nin da lingua, pero que dun tempo a esta parte á mínima hai quen se sente ofendido, perseguido... Concordo coa idea de retirar a lingua do debate partidario, porque debemos ser capaces de ter un substrato común de acordo entre todas as forzas políticas. Iso é posible e desexable, pero neste momento as posicións están moi separadas. Parte das forzas políticas están empeñadas en que non haxa consenso. Incluso utilizan a lingua galega como un elemento de enganche, de mobilización entre a súa militancia e os seus simpatizantes. E quen o introduciu de cheo, emporcallando todo, no debate político? Quen rachou o consenso? Na política lingüística houbo unha falta absoluta de información e de pedagoxía sobre o que se pretendía facer, e un exemplo foi o decreto do galego no ensino. Certo. De acordo. A anterior Consellaría de Educación deixou o novo decreto co cu ao aire. Unha lección a aprender do que pasou é que non podemos considerar a escola como un elemento compensador da falta de galego que se produce fóra dela, porque xera tensionamentos. O que temos que facer é establecer unha política lingüística que vaia á raíz dos problemas da non presenza da lingua en certos ámbitos urbanos e darlle solucións. Totalmente do acordo. Malo cando se poñen todos os ovos no mesmo niño. Iso si, estamos agardando a que se faga algo para atacar a raíz do problema. Fóronse cumprindo algúns obxectivos da Lei de Normalización do 1983, pero hai partes da sociedade cunha presenza bastante baixa do galego, e a Xunta ten que asegurala en todas. Isto resulta ambiguo. Asegurar en todas que? a presenza baixa da lingua? Isto sóame a política de baixa intensidade...
|
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home