Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

6.9.09

Xa todo vale


Á carga contra os topónimos, contra a Lei de normalización lingüística... parece ir todo costa abaixo que ata na Galega botan un anuncio de Gadis en que unha señora cun carro cheíño cheíño comeza unha frase con "Me axudaredes...?".
Xa o vistes? non o dei localizado na rede, pero algo habería que facer para solicitar a súa retirada ou corrección.

3 Comments:

  • Isto lembra aquela frase doutro anuncio da era Fraga, en que un labrego dicía "Desque bótolle Calfensa á miña terra..."

    By Anonymous Anónimo, at 12:04 da manhã  

  • O peor do Gadis é que aínda que promove o Vivamos como galegos e o produto galego, cousa loable, indiscutiblemente, continúa coa etiquetaxe en castelán, no friame, nos peixes e en moitos dos seus folletos diarios... o que escriben coa man vano borrando co cóbado. E polos pronomes e as incorreccións xa non hai pudor ningún, todo vale.

    By Anonymous Anónimo, at 4:59 da tarde  

  • Hoxe volvín ver o anuncio e xa está modificado. Entre tanta incompetencia sempre hai "abrochos verdes" de cordura.

    By Blogger omouchoasexante, at 11:38 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home