Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican.
Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...
Outra primicia máis d'omouchoasexante. Interneime esta finde nos arrevesados corredores de San Caetano, andei por riba, por baixo, atravesei vestíbulos e pasarelas, e cando xa ía marchar, cando xa se me facía tarde e xa estaba canso de voar agochándome das cámaras de seguridade, vin unha porta e escoitei un ruído que me chamou a atención. Atopábame nos baixos do edificio, alí onde só a CIG ten despachos. Un Audi que lles quedou aceso e en punto morto? pensei... Non, non era o ruído dun coche, habería fume ademais... Entrei e alí estaba, en pleno funcionamento pero, iso si, a lume lento.
Mañá mostrareivos a primeira foto dun funcionario revisando nas enquisas.
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home