Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

14.5.09

Booooooooombaaaaaaaaaaaaa


Ollo ao dato! Estalou a bomba... lingüística. Logo do acontecido hai catro anos e visto o nomeamento de hoxe, a cadeira de Política Lingüística debería estar nunha casa de apostas tipo Bwin, Serviapuestas...

Luces: o xefe da política lingüística mellor formado que houbo nunca; Galicia Bilingüe leva unha labazada.

Sombras: marxe de manobra, o discurso de Feijoo hoxe mesmo lembrando un consenso que eles mesmos racharon, o mesmo día que o PP nomea a quen lle fixo o progama lingüístico ao PSdeG volve desenterrarse a cuestión toponímica da Coruña.

E agora que temos o nome, a pensar lemas de benvida:


ANXO AMIGO, APLICA OS TEUS ARTIGOS!!!

ANXO LORENZO NON TOQUES O 50 POR CENTO!!

CON ANXO LORENZO, NINGÚN RETROCESO!!!