Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
. : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006 . : Así non... : .
- A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si... : .
- O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego Template By CazPowered by: Blogger Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. |
|
27.9.07A votar toca...Volvemos á arte da demoscopia e como non todo van ser novas negativas nin tangallegadas, o moucho proponvos que exerzades dereito a voto na enquisa da marxe dereita. Botémoslle optimismo á cousa!!! Por certo a anterior enquisa velaí tendes na imaxe a distribución dos 74 votiños que botastes no saco... A cousa estivo reñida, pero alguén coñece o dato de cal é o centro que ten máis bolseiros. Por aí se puido decantar o asunto.
26.9.07Lingua de gatoExiste a diglosia entre especies? Cóntovos o que este moucho puido presenciar logo de que llo contaran e lle custara o seu crelo: imaxinade unha señora maior, na franxa dos 65-70, xubilada e que vive de rendas (é caseira) nunha cidade galega. A súa orixe, porén, é aldeá. Isto é: se vivise na Coruña ben podería ser dalgún lugar de Boimorto ou Ordes, e se vivise en Vigo cadraríalle ser da Limia ou do Pereiro de Aguiar, por exemplos. A señora fala galego (segue a falar galego na cidade!!), aínda que quen sabe se ao longo da súa vida tivo outros comportamentos lingüísticos, pero o caso é que hoxe en día ao único ser que lle fala en castelán é ao seu gato. Si, si, como o ledes... ao seu micho, ao seu felino doméstico... Cos netos lonxe, este é o destinatario dos seus bos días mañanceiros, das súas galletas do almorzo, das súas manías propias da idade e mais da súa diglosia. Aviso a autores de futuras análises, enquisas e estudos sociolingüísticos: non vos esquezades de reparar na interacción lingüística dos galegos cos seus animais domésticos!!
22.9.07Reaccionamos ou que??E este moucho di, non sería cousa de contraatacar, de se mover, de rebater, de facer algo diante deste magote de tangallegos que se lles enche a boca co bilingüismo? Non é preocupante esta multiplicación de webs que gastan píxeles coa liberdade lingüística, coa Galicia bilingue e cos tangallegos de bandeira? Non é preocupante que as televisións locais (especialmente as urbanas) lles cedan minutos e minutos en entrevistas e reportaxes e apenas se escoite a outra parte? Non é preocupante que todas as semanas estean na prensa vía entrevista, artigo de opinión ou carta ao director e ninguén se mova? É que se neste país se pode falar de que se está a impor o galego e non hai quen avergonce e lle chame ignorante a quen así o diga? Agora seica están a xuntar máis sinaturas.. non se vai organizar nada??? É que estamos todos durmidos, mirándonos o embigo e fartos de autocompracencia???
19.9.07Historia19 de setembro de 2007: o día en que Callón pisou María Pita e non era para presentar nada no rexistro... Se algún día se lle fai un álbum de fotos a isto da normalización da lingua gárdenlle espazo para esta foto.
18.9.07AlertaE agora que di Manolita ao respecto? que di?? A ver, que a queremos escoitala... tan faladora como estaba onte no Hai debate. 13.9.07Adeus veránOs mouchiños van á escola, os días xa minguan... e por moito que o tempo se empeñe en dicir o contrario: o verán vai murchando. Foi o verán do Valedor, ese tipo con rostro de película de Pajares y Esteso, que un bo día espiu o seu sentir lingüístico e négase a pór o albornoz; foi o verán dos tangallegos (como se lles está a comezar a chamar) que agora resulta que colleron envexa e tamén montan unha Mesa, calor non fixo moita pero a esta xentiña quentóuselles a cabeza co Decreto (ollo porque a demagoxía desta xentiña non parece ter fin, quen sabe se Rosa Díez os espera). E pouco máis, agudizaremos a vista para este novo curso porque xa me berraron que ultimamente parezo andar nas patacas...
6.9.07Vexo Vigo...O moucho aterra na cidade máis poboada de Galicia e quere o azar que hoxe aquí se celebren os axóuxeres. Ducias de rapaces olívicos danzan en galego e reclaman como súa a lingua do país. Só por uns minutos que a saber cando terán continuidade. A idea chama a atención polos protagonistas, a realización é correcta e o resultado nin moito menos defrauda. Mágoa que isto das linguas non sexa coma os deterxentes ou as series de televisión; feita a campaña axiña teriamos un índice de vendas ou unha cota de pantalla. O quede do E logo!, a súa plusvalía, custará sabelo. Outra ollada vai: contanme que en Vigo a prensa gratuíta arrasa; tanto como para que o decano tivera que baleirar un concesionario de coches alemáns hai ben pouco para amainar o temporal. Bótolles un ollo e non hai desperdicio: no ADN falan da Fiesta del sonajero e o 20minutos xoga co par porro-puerro para dar conta da tradución dos menús nos bares (a noticia é do máis comentada, por certo). Sonvos paveros estes vigueses!
Adiviña, adiviña2.9.07Historia grande ou grande historia?A Voz prepárase para seguir enchéndonos e alombándonos os andeis desta volta cunha historia do país enciclopédica. Di Villares que non vai ser unha Wikipedia (e aínda que o fose tampouco sería tan demérito digo eu...), pero a este moucho chámalle a atención o título. Non me convence. A ver filólogos valédeme: a min ensináronme que gran diante de vogal é grande (un grande invento) e digo eu que historia non é vogal pero para estes efectos como se o fose. E se resulta que moita encadernación, moito equipo de especialistas, moita bicefalia na coordinación da obra (presidentes ambos) e o título xa o temos mal??? Eu de momento rescato a que aparece na imaxe. Non é gran nin grande, senón breve pero é a que lembro desde sempre na miña casa. Dérana na caixa de aforros, está en banda deseñada e foi a primeira historia de Galicia deste moucho que escribe.
|