Galegolandia |
|
. : Eu son... : .
Crea a túa chapa . : Olladas recentes : .
. : Olladas que foron : .
fevereiro 2006 . : En construción : .
. : En construción : .
|
. : Galegolandia en PDF : . Maio 2006 // Agosto 2006 // Outubro 2006 // Decembro 2006 . : Así non... : .
- A demagoxia patética dalgúns colectivos co Decreto do ensino - O uso litúrxico da lingua por parte dos políticos - Espallando o tradutor automático sen rigor nin control - O antigaleguismo da nosa clase empresarial . : Así si... : .
- O maior número de caixeiros que xa falan galego - A tradución de software libre ao galego - Apostando pola prensa gratuíta en galego - Que non decaia o número de móbiles que falen galego Template By CazPowered by: Blogger Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. 2.5 España de Creative Commons. |
|
24.9.09DiscriminaciónPor que Pilar Farjas si e Corina Porro non? Que pasa que todas as loiras son tontas, non len libros e xa as damos por imposibles?
21.9.09Auga chirlaGrazas a Xornal sabemos que vivimos nun país onde calquera pode ocupar a portada dun medio de comunicación escrito. Malia que minta, malia que esaxere, malia que enfíe unha parvada tras outra, malia que pertenza a unha asociación da que non se quere dicir nin o número de socios... Quen queda en evidencia é esa tal señora Gloria Lago, mais aos medios habería que lles exixir sentidiño á hora de organizaren un café de redacción e pór a quentar os croissants...
15.9.09Cando todo, cando nadaAmañado o asunto do anuncio da señora repelente de Gadis imos con outra ollada á caixa tonta. Lembrades a que se montou hai un par de anos co do futbol dos sábados en galego cando La Sexta entrou en escena? por momentos parecía que o futuro da lingua pasaba polo número de saques desde o curruncho que os galaicos viramos antes de saírmos de troula. O resultado foron dous anos de futbol na TVG, en La Sexta (con opción multilingüe para os adiantados da TDT) e mesmo houbo algún partido que tamén se deu por Telecinco.
Pois ben este ano A Galega pasa da Liga e pasa do balompé sabatino. Apuntouse unicamente á grandeza da Champions e por pasar penso que aínda non pechou acordos nin co Celta nin con equipos galegos de categorías inferiores. Ou sexa antes pagarlle dereitos á UEFA que aos nosos clubs... O caso é que La Sexta pechou a súa xenerosidade lingüística e xa non ofrece escolla de idioma nos seus partidos xusto, xusto cando máis precisa era. Disto decateime este sábado pasado. Conclusión: rómpense máis de vinte anos de fútbol en galego os sábados. Ninguén vai dicir nada? Que di agora o PP? Xa non serve o que dicía en agosto de 2006? Xa non hai "desidia e ineficacia" nos dirixentes da canle? Xa o galego non é "fundamental para a promoción do noso idioma"? E La Sexta? ben pouco lles durou a arroutada... 6.9.09Xa todo valeÁ carga contra os topónimos, contra a Lei de normalización lingüística... parece ir todo costa abaixo que ata na Galega botan un anuncio de Gadis en que unha señora cun carro cheíño cheíño comeza unha frase con "Me axudaredes...?". Xa o vistes? non o dei localizado na rede, pero algo habería que facer para solicitar a súa retirada ou corrección. 2.9.09Leóns cancerbeirosDille un ao outro, ti mira á dereita e eu miro á esquerda, e se ves vir algún periférico falando lingua estraña chamamos a José.
|