Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

27.2.10

Aniversario

Mi madriña!!! Que xa van aló catro anos e eu sen decatarme!! Cantas cousas mudaron desde aquela primeira ollada.Se este espazo fose un neno, pertencería á "xeración galescolas". Mañá domingo unha torta ben grande de chocolate. Merecida está.

24.2.10

Rosa, lexicógrafa



E ti Rosa, se tiras de dicionario con que vocábulo te identificarías? Por suposto, falamos do dicionario da RAE.

22.2.10

Vai de orgullo

Isto xa chista un pouco máis...

Orgullos@s do galego from Coordinadora Galega ENDL on Vimeo.

16.2.10

Entroidemos!!!

Anxo's Five

Single Ladies GB
Mario e Luigi

15.2.10

Referentes

Hai que ver que necesitadiños andamos de referentes! Tiña razón o Barreiro cando dicía que precisabamos un Beckam que falase galego. Abonda con que un diga unhas palabriñas en galego por aí fóra, nos dea lustre á autoestima que de por si xa temos e xa o comemos a bicos. Mesmo esquecemos que o éxito e o recoñecemento unha vez máis nos veñen marcados de fóra.
Ben polo Tosar, sen dúbida, mais habería que ir pensando en facermos unha selección actual e actualizada de persoas que nos vallan para a causa. Máis alá das letras, da poesía e da TVG (léase yolandascastaño e piñeiros ao uso) ten que haber científicos, deportistas, xentes de todos os ámbitos que contribúan a calar bocas. Poñámonos a pensar... ou, se non, sen dúbida, que Feijoo e Varelita tomaron boa nota do escoitado en Madrid. Por de pronto, o Alberto hai dez días xa se deixou ver moi gustosamente con María Castaño, a das tetas e o paraíso, no sambódromo de Lalín.

11.2.10

El español es mi ley


Que Galicia Bilingüe ía reaccionar ao libro de Prolingua era algo bastante previsible, quizais non o era tanto que os fose preocupar como así semella. Ao mellor é que léndoo a algún se lle iluminaron as fazulas. Seica xa se barallan posibles títulos, 65 verdades sobre la lengua española podería ser un deles. Se o que queren é gabar as bondades e os beneficios do castelán, pois que o fagan. É máis, 65 verdades parénceme poucas, ben poucas. Que peten na porta do Instituto Cervantes ou na Fundación Telefónica que han atopar bibliografía abonda e inspiración salvadora.
Pero unha cousiña amigos bilingües: o libriño de Prolingua naceu para pór as cousas no seu sitio, para rebater os ataques e as calumnias por vós mesmos lanzados e creadas. Aquí sobre o castelán non se cuestionou nunca nada. Así que ánimo e xa podedes comezar a contar falantes por todo o mundo mundial (recoméndovos facer traballo de campo, por que non vos esparexedes polo mundo adiante por unha tempada e nos deixades en paz?), despois medir o seu peso no PIB e, por suposto, non vos esquezades de lle dedicar un espazo a ese meniño vigués que mellora o castelán en Sevilla. Velaí tamén un gran verdade.

9.2.10

Non é o que parece

Que non se emocionen os lusistas que o de Gadis ten truco.

7.2.10

Non molestar

Fin de semana lectora (aínda vou pola mentira 26, que desastre!)

2.2.10

RAG vs. CCG

Que ti saes cun PDF inicial de 13 páxinas pois eu arrastro e lanzo un de 25 igual de concluínte e mesmo, se callar, un chisco máis contundente.
Dá gusto ver como as institucións das que nos dotamos saen do seu ensimesmamento e reaxen cando a ocasión o require.

1.2.10

50 por 50

Facía falta percorrer este camiño para acabar no punto de partida? Abondaba cunha orde (e non cun decreto) que desenvolvese as seccións bilingües e lles cumprise o capricho do inglés.
Pero non, había que enmerdar todo e aínda agora parecer que ceden.
O mal está feito, ten culpables e nós temos memoria.