Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

17.6.06

Manolo González no Luar!!!!!!



Vimos o negriño de Boney M magreado por unha velliña das nosas, vimos a Camilo Sesto entrar en trance cantando, vimos como alguén ao outro lado do teléfono mandaba ao carallo a Gayoso, vimos mesturar as Azúcar Moreno cunha cantareira de Rois, vimos un espontáneo de Nunca Máis tomar o escenario ante un Gayoso con cara de circunstancias... pero se nos din que tamén iamos poder ver no Luar unha clase de sociolingüística, que esa clase a ía impartir o secretario da RAG, catedrático da USC, máximo responsable do Ramón Piñeiro etc etc ou sexa Manuel González, custaríanos crelo, non si??? Pois estivo e sentíase a gusto (o chiste do xuízo/suízo todo un punto).
Despois de Pimpinela e Peret cantar en galego, Manolo González en rigoroso directo!!!!
Estabamos equivocados se criamos que despois do nomeamento de Marisol xa o viramos todo, a política lingüística galega parece encetar vieiros insospeitados...
E se estiveramos ante o nacemento dunha estrela televisiva???? Con razón este moucho estreou as entrevistas apócrifas co sr. González, xenio e figura...

2 Comments:

  • YouTube xa! Poder popular!

    By Anonymous Anónimo, at 8:07 da tarde  

  • E non tera vostede por un casual o mencionado documento? Porque ese video pode facer que máis de un nos esmendrellemos das risa...

    By Blogger porlacara, at 6:05 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home