Portada curiosa
A fotografía que vai na portada dun xornal adoita ter a súa importancia. Adóitase buscar chamar a atención e o titular principal adoita, tamén, ir en consonancia. Se isto non é así é que algo buscaba o responsable do peche da edición (o posto en La Razón está moi disputado). En vésperas das Letras, o Galicia hoxe obsequiábanos cun Quintana obtendo un condón dunha máquina expendedora, mentres que o titular principal facía referencia ás galescolas que o seu departamento abandeira.
Alguén lle ve relación?
1 Comments:
O asunto é que as auténticas galescolas non son da Xunta, senón desta asociación :
http://www.galescola.com
Saúde!
By Anónimo, at 3:59 da manhã
Enviar um comentário
<< Home