Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

8.6.06

Benemerita


Animar os gardas civís a que coñezan e falen galego e meu deus como reaccionan os tricorniados!!!! e iso que a suxestión non proviña dun calquera, senón que nin máis nin menos que do seu director xeral... está visto que nun estamento militar só funcionan a base de ordes... pero con suxestións, convites non parecen reaccionar, calquera lles di nada se che dan o alto no coche e lles pides que che falen na túa lingua... patético