Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

25.10.07

Costa abaixo


Mediando un licor café e nunha charla con mouchos amigos, suscítase a seguinte reflexión: non necesariamente os chamados gobernos de progreso no ámbito local son sinónimo de maior uso da lingua polos representantes elixidos. Está a pasar en cidades como A Coruña ou Vigo e nalgunha vila grandeira. Os socialistas desmárcanse e tenden a empregar nas súas intervencións públicas o castelán. O razoamento que manexan é moi sinxelo: somos maioritariamente castelanfalantes (ou cando menos non somos monolingües en galego), a xente é sabedora diso, polo que saír en público falando galego pode ser visto como unha mostra de debilidade. De aceptar unha imposición do socio de goberno.
Mirade por onde o tan cacarexado uso ritual da lingua por parte dos políticos comezar a perder folgos.