Piñeiro, o amigo dos trens
Para glosar o homenaxeado este moucho quédase co que apunta hoxe en Xornal Xusto Beramendi sobre a pertinencia de liquidar o Partido Galeguista en prol dun pangaleguismo político
Porén, non é ocioso preguntarmos se tal galeguización non se produciría igualmente aínda sen sacrificar o renacemento ante-transición do PG. Por suposto, nunca o saberemos con certeza e pode acusárseme de especular sen fundamento. Pero se ampliamos o noso campo de visión fóra de Galicia, e tamén cara atrás, a dose de especulación diminúe. A observación dos casos catalán e vasco dinos que ese mesmo fenómeno tivo lugar, con maior ou menor intensidade, en Cataluña e no País Vasco, onde non actuou ningún equivalente ó piñeirismo que interrompese a continuidade histórica dos seus nacionalismos democráticos de centro. Un fenómeno que, ademais, deu os seus primeiros pasos nas tres nacionalidades xa en 1935-1936. E por unha motivación lóxica de índole xeral: cando un nacionalismo subestatal adquire certa forza, os seus rivais estatais, para competir mellor con el polo apoio da cidadanía, incorporan parte dos seus símbolos e as reivindicacións políticamente compatibles coa integridade do Estado. Xa que logo, estou convencido de que o sacrificio do Partido Galeguista foi innecesario.
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home