Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

20.1.10

Amizades perigosas


Ai Alberto, Alberto meu rei, que te colleron polos mesmísimos... Pasouche xa a dor? Baños de auga fría periódicos van moi ben para estes casos. Que tormento debiches pasar coitado!! Quen che ía dicir a ti que che ían ler a cartilla na Cope. Estes da Conferencia Espiscopal para seguires trepando non che van axudar moito ehh!! Pero ti non ves alma cándida que con que un Alberto lles saíse ra xa teñen dabondo? Éche ben certo que quen con nenos se deita...

Ora ben, eu non sei pero esta entrevistadora, Cristina López Schlichting, quere tema contigo. Alá ti, eu non quero dicir nada... pero a caña que che deu non é normal. E ollo porque a esta muller seica lle vai o porno...

Vala convidar finalmente a Galicia como lle dixeches? Ah, pillabán... unha muller que di "El inglés no viene a discusión aquí, todos estamos de acuerdo en que el inglés es la lengua latina del siglo XXI" de que outras marabillas non será capaz...