Que erga a man
Que erga a man quen nos últimos días levou un desengano e unha decepción con algunha persoa do seu contorno ao escoitala falar da lingua.
Que erga a man quen nos últimos días levou unha agradable sorpresa con algunha persoa do seu contorno ao escoitala falar da lingua.
Que erga a man a quen por primeira vez a RAG a sorprendeu gratamente.
Que erga a man quen tampouco entenda por que Cogami está na rolda de contactos da SXPL e non así outros colectivos e plataformas.
Que erga a man quen tampouco gustou deses titulares simplistas de "A RAG ve pouco afecto nas bases do decreto" (nin as Bases son unha declaración amorosa, nin na comisión da Academia estaba Jesús Puente ou Isabel Gemio, nin Educación recibe audiencia na "caravana del amor").
Que erga a man quen aínda pense que a cousa pode ir a peor. Pensemos ben se compensa trasladar isto aos plenos dos concellos (estamos en desvantaxe e coa máquina de mocións de Louzán en marcha).
Que erga a man quen queira saber máis sobre a vinculación de GB e a FAES. Documentos, facturas... o que sexa.
Que erga a man quen nunca pensara que podiamos ter chegado a este punto.
Que erga a man quen lle gustaría ter ocasión de dicirlle á cara tres cousas ben ditas a Anxo Lorenzo
Que erga a man quen comece a sentir certo fastío e saturación sobre o mesmo tema.
Veña, xa está, xa podedes baixalas.
E agora a bailar un pouco. Que erga a man quen queira salvarse!!! Subidón, subidón!!!
0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home