Galegolandia


Olladas con sorna, olladas con enfado, olladas ao exterior, olladas ao interior, olladas escépticas, olladas esperanzadoras, olladas que fan pensar, olladas para esquecer; olladas interrogantes; olladas declarativas; olladas exclamativas; olladas ao ar; olladas desde a terra; olladas de resignación; olladas de resistencia; olladas que non entenden; olladas que non se explican. Porque os “chascarrillos” son moitos e non todo vai ser perder falantes...

7.4.06

Galiza sae do armario


Xa toca moqueta, xa reside en despachos de San Caetano, xa viaxa en coche oficial, xa dá nome a accións e actuacións do goberno. Véxase o Galiza Suma ou xuventudegaliza.net. Se algo trouxo o bipartito, ou mellor dito a presenza do Bloque nel, é que o termo Galiza é máis visible e deixa de ser exclusivo de lecturas nacionalistas e de colectivos afíns.

Queda agora o máis difícil: explicarlle a xente por que se os topónimos galegos teñen como única forma oficial a galega, como é que o nome do país non ten unha única forma. Algo se fixo mal cando a Academia abriu a porta do armario, a chave quizais pasaba polo DOG en forma de decreto ou algo, A ocasión pode estar cando na reforma do Estatuto, pero a este moucho non hai quen lle quite da cabeza que algo se fixo mal...
Por certo: hai dous gobernos e un país, ou dous países e un goberno?
Por certo (bis): por que non houbo a mesma decisión coas camisolas da selección? por que Touriño estaba no palco se cadra?

1 Comments:

  • A súa paxina xa conta cun link dende www.zonaceibe.net, anímamoste a ficar uns intres nela. Unha forte aperta.

    By Anonymous Anónimo, at 6:51 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home