Unha comisión...
Non me gusta o nome de comisión, non polas reminiscencias pecunarias que poida ter (e máis coa que está caendo aló por Marbella), pero non me gusta... Soa tamén a investigación, a depuración de responsabilidades, a documentos clasificados. Seica agora vai haber unha que siga a evolución e marcha do Plan Xeral de Normalización e a verdade é que visto o visto até o de agora traballo, o que se di traballo non vai ter moito... Se o Plan fose un coche non faría falta mercar radares para controlar a súa velocidade de aplicación, nin tampouco cumpriría pasarlle a ITV porque non foron moitas as medidas que se levan gastado...Outrora, na era fraguiana, xa houbera unha comisión de nome moi parecido, chamábase Comisión Coordinadora para a Normalización Lingüística; si, si hóuboa, existiu, foi real, dos seus papeis non se sabe ren...

0 Comments:
Enviar um comentário
<< Home